Eu falo Galego

Eu falo Galego

domingo, 17 de mayo de 2015

Coñecemos a repercusión da nosa lingua a través da Revista Nós


Con motivo do Día das Letras Galegas, os alumnos de 4.º de ESO A presentaron un mural sobre a Revista Nós e a súa relevancia no ámbito lingüístico galego analizando algunhas das obras de ámbitos diversos que publicou. 


Día das Letras Galegas 2015

Coñecemos a figura de Xosé Filgueira Valverde
 J.F. Filgueira, a los 17 años..jpg
Os alumnos de 4.º de ESO traballaron con información sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas  e realizaron un quizz por grupos. 



domingo, 26 de abril de 2015







O pasado mércores 22 tivemos o pracer de acoller a un dos escritores galegos máis salientables na actualidade. Trátase de Fernando Méndez, autor dos libros Deus xogando aos dados e Cuatro esquinitas tiene mi cama, ambos os dous de lectura obrigatoria en 4.º de ESO.

Así, alumnos de diferentes cursos puideron enriquecerse da experiencia e dos sabios consellos facilitados polo experto escritor nun frutuoso coloquio de máis dunha hora de duración. Ademais os alumnos interactuaron co autor para facerlle preguntas sobre os seus libros que xa leron ou están lendo. E non só iso, senón que o autor dedicou tamén uns minutos á sinatura dos exemplares dos seus libros!


Polo tanto, en nome de todos os alumnos, profesores e da dirección do centro: 

MOITAS GRAZAS!!!!! 

jueves, 8 de enero de 2015

EN GALEGO...!! 

Impulsan unha campaña para que Apple inclúa o galego nas súas opcións de idioma

A iniciativa parte desde a Universidade de Vigo

10 votos
O profesor da Escola de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVI) e coordinador de TelGalicia, Manuel Caeiro, e o alumno de Enxeñería Industrial Brais Fortes promoven unha iniciativa para conseguir que a compañía Apple inclúa o galego nas súas opcións de idioma.
Baixo o lema «Queremos Apple en Galego!», a campaña xa conseguiu que Apple incluíse o galego como idioma adicional na última actualización dos seus programas OSX Yosemite e IOS 8, o que posibilita facer aplicacións en galego nesta plataforma, segundo detallan os seus impulsores no diario dixital da UVI.
Outra campaña, «Mallando non Android», doutro exalumno da Universidade de Vigo, Iago Varela, xa conseguiu fai uns meses que se incorporase a lingua galega en Android 5.0.
Manuel Caeiro resalta que o galego foi en 2009 a vixésima lingua de uso en Twitter, «moi por encima do seu peso poboacional».
Tanto Caeiro como Fortes animan a todos os usuarios de IPads e IPhones a elixir o galego para os seus traballos e establecer así «un modo de dicirlle a Apple que o galego se utiliza e que deben contar connosco». 
La voz de Galicia 

sábado, 6 de diciembre de 2014

Velaquí os resultados das actividades propostas pola Deputación de Ourense. 



1.ª ACTIVIDADE 
Descubrimos as dúas teorías existentes sobre a etimoloxía do topónimo "Ourense" e outros topónimos da provincia. 


2.ª ACTIVIDADE 
Reflexionamos sobre como mellorar a xestión dos residuos urbanos. As redaccións seleccionadas foron as de Stella, David e Víctor, de 4.º A. Parabéns!! 


viernes, 28 de noviembre de 2014

Actividade 4.º A

ACTIVIDADE: REDACCIÓN SOBRE OS RESIDUOS URBANOS

Como xa comentamos na aula, con motivo da proposta pedagóxica levada a cabo pola Deputación de Ourense, realizaremos unha redacción sobre a importancia ambiental dos servizos de recollida dos residuos urbanos. Nesta actividade achegaremos as nosa ideas para un mellor funcionamento da redución, reutilización e reciclaxe dos materiais contidos nos residuos urbanos. 

Esta iniciativa permitiranos: 
·        Coñecer máis a fondo a situación actual sobre os servizos de recollida dos residuos urbanos na nosa rexión
·        Valorar a importancia ambiental destes servizos e da reutilización e reciclaxe dos residuos  
·        Desenvolver a nosa imaxinación e creatividade para ofrecer propostas innovadoras
·        Realizar unha actividade previa de documentación sobre o tema proposto utilizando as novas tecnoloxías
·         Mellorar o nivel de redacción e expresión na lingua galega

Aquí tedes algúns enlaces que vos poden resultar útiles para o exercicio de documentación:

viernes, 31 de octubre de 2014

domingo, 28 de septiembre de 2014

Coñecemos a repercusión da figura do Padre Feijoo
A tradución do castelán ao galego de dúas noticias sobre a figura do Padre Feijoo que realizamos esta semana permitiunos coñecer máis de preto a importancia deste autor no ámbito da literatura e, ao mesmo tempo, abordar diversas cuestións lingüísticas que presenta esta actividade tradutolóxica. Algunhas destas cuestións foron a tradución dos nomes propios, a diferenza no xénero entre os termos casteláns e galegos, a correspondencia de certos vocábulos de maior dificultade tradutolóxica, expresións feitas, etc. Así mesmo, puidemos revisar a estrutura deste tipo de textos periodísticos. Velaquí o resultado. 

O galego que ensinou a pensar aos españois
A Academia Galega de Ciencias rende homenaxe en abril ao Padre Feijoo, ensaísta do século XVIII


A razón por riba de todo. A experiencia como único método válido. Era monxe pero non dubidou en rebater sen piedade as supersticións e os milagres, malia ser perseguido duramente pola Inquisición. Benito Jerónimo Feijoo naceu na aldea ourensá de Pereiro de Aguiar en 1676 e os seus polémicos escritos deron a volta ao mundo. A Real Academia Galega de Ciencias dedica este ano o Día do Científico Galego, que celebra os seus actos centrais o vindeiro 23 de abril, ao Padre Feijoo, o pai do ensaio español. Sabio, rebelde e cun humor moi galego.
Unha rúa, un parque, un instituto. O nome Padre Feijoo forma parte das vidas cotiás dos galegos pero, en realidade, poucos coñecen de primeira man quen era ese home do século XVIII e que fixo para merecer estas pequenas homenaxes. A Real Academia Galega (RAGC) quere que o pensador e ensaísta recobre polo menos unha parte do enorme protagonismo que tivo no seu tempo e, para iso, este ano dedícalle o Día do Científico Galego, unha celebración que ten o seu núcleo central o 23 de abril pero que pretende estender as actividades de difusión da figura e obra do homenaxeado durante todo o ano.
“É o primeiro home de Letras que elixe a Academia para este día, pero é que o Padre Feijoo distinguiuse por un tremendo labor de difusión e defensa da ciencia e tiña unha liberdade de pensamento moi avanzada para o seu tempo”, xustifica Miguel Ángel Ríos, vicepresidente da RAGC. “Para axudarnos a difundir o seu legado entre os máis novos contamos coa Fundación Barrié, que está elaborando unha unidade didáctica e varios obradoiros”, engade o químico.
O Padre Feijoo “foi un intelectual sabio, rebelde e xeneroso que, ademais de ser figura clave da Ilustración española, desempeña un papel fundamental na formación do innovador xénero do ensaio e na modernización da prosa castelá”, resume Inmaculada Urzainqui, investigadora do Instituto Feijoo de estudos do século XVIII, en Oviedo, e unha das máximas expertas na obra do autor galego. A súa extensísima obra ten como piares o “Teatro crítico universal” (entendendo teatro como panorama), 8 volumes; as “Cartas eruditas e curiosas”, 5 volumes, así como numerosa obra poética e epistolar. “Era un home que promovía a tolerancia e o espírito científico e cuxo maior afán era romper coa xenofobia e desenganar ao vulgo dos seus erros e ideas equivocadas”, asegura a catedrática.
En Oviedo encóntrase a sé do Instituto Feijoo de estudos do século XVIII, un centro de investigación dedicado ao estudo multidisciplinar do Século das Luces no ámbito español e iberoamericano aínda que, admite Urzainqui, “ten predilección polo autor que leva o seu nome”. E é que en Oviedo foi onde o Padre Feijoo escribiu a maior parte da súa obra.
Benito Jerónimo Feijoo (Pereiro de Aguiar, Ourense, 1676-Oviedo, 1764) realizou os seus primeiros estudos en Allariz e no colexio beneditino de San Estevo de Ribas de Sil. Cando tiña 14 anos renunciou ao morgado que lle correspondía como primoxénito para ingresar no mosteiro beneditino de San Xulián de Samos (Lugo), ao que segundo os estatutos da Orde, pertenceu toda a súa vida. Tras dos anos de noviciado foi enviado a estudar Artes ao colexio de San Salvador de Lérez (Pontevedra) e Teoloxía a Salamanca. Finalizados os seus estudos, regresou a Galicia en 1702, onde foi profesor de Artes no colexio de Lérez e mestre de Teoloxía en Poio e no arzobispado de Santiago.
Despois foi destinado a Oviedo, cidade á que chegou aos 33 anos e na que permaneceu ata a súa morte.
Ata 1725 Feijoo non comezou a publicar as súas obras, recompilacións de reflexións que, en realidade, eran verdadeiros ensaios. “Tiña un gran interese por estar ao tanto do que se escribía en Europa e conseguiu facerse cunha biblioteca moi moderna, o que era todo un mérito desde Oviedo”, apunta Urzainqui. A experta destaca a capacidade que tivo para chegar ao vulgo “pola súa forma tan amena de escribir, cunha prosa sinxela e fluída e con moita graza. Escribía moito tamén desde o seu punto de vista persoal, con moitas anécdotas que facían referencia á súa Galicia natal”.
Feijoo foi ante todo un defensor da razón. O seu escepticismo en relación coa ciencia dogmática que defendía a Igrexa, cos milagres e as supersticións, e a súa defensa á ultranza da muller nun momento no que era considerada un ser indiscutiblemente inferior ao home, convertérono nun precursor do pensamento moderno e ter moitos discípulos. “Foi o autor máis polémico do seu tempo e tiña moitos defensores e detractores por todo o mundo; era un  home famoso e grazas a isto temos imaxes del, por todos os pintores que o retrataron. Era un auténtico fenómeno editorial”, salienta a investigadora Inmaculada Urzainqui. Tan extraordinaria era a súa popularidade e recoñecemento que de todas as partes acudían a velo e recibía infinidade de cartas que lle pedían a súa opinión ou lle suxerían que tratara determinados asuntos (moitas das súas “Cartas eruditas” teñen a súa orixe aquí).
Actualmente consérvanse moi poucos manuscritos do autor. Todos os seus papeis así como a súa biblioteca estaban depositados no Mosteiro de Samos (Lugo) pero dispersáronse coas medidas desamortizadoras e os que se recuperaron despois arderon no incendio que en 1951 asolou a abadía.
O lector actual ten tamén limitacións para acceder ao corpus completo da súa obra porque mentres que no século XVIII acada un éxito sen precedentes e se suceden as edicións e reedicións das súas obras maiores, nos dous seguintes o ritmo decrece ostensiblemente xa que só se publican edicións parciais e antolóxicas. “A súa obra é moi voluminosa e estamos preparando os materiais para unha edición crítica pero é complicado pola gran cantidade de temas que trata, desde ciencia a medicina, filosofía, literatura, música, política e teoloxía (aínda que é do que menos escribiu)… nada lle resultaba alleo. Esta enorme variedade obriga a que, na súa edición, traballen igualmente especialistas nos distintos campos dos que escribe”, explica a investigadora ovetense. 



Galicia celebra o 250 aniversario do Padre Feijoo con exposicións, obradoiros e un simposio

A partida de bautismo, unha carta autógrafa e a máscara mortuoria do personaxe homenaxeado poderán verse a partir do día 13 de outubro no centro de Afundación
X.M.C. | Ourense 22.09.2014 | 22:45

A Xunta e o Consello da Cultura Galega presentaron onte no Liceo a programación de actividades para conmemorar o 250 aniversario do Padre Feijoo, falecido o 26 de setembro de 1764. O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, destacou que esta efemérides “nos ofrece este ano unha oportunidade magnífica para promover un conxunto de actividades que van contribuír a afianzar e a divulgar o importante legado dun intelectual que ofreceu nos seus escritos propostas renovadoras en campos como a ciencia, a educación, a lingua e a cultura”.
A programación elaborada para esta homenaxe conta con propostas que pretenden achegar aos cidadáns a figura do Padre Feijoo, a súa obra e o seu pensamento, mediante exposicións en museos, arquivos e bibliotecas de xestión autonómica, materiais audiovisuais, un simposio, un obradoiro científico e guías de lectura.
No transcurso da súa intervención, Jesús Vázquez salientou que o día 13 de outubro se inaugurará a exposición “O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria”, organizada pola Consellería de Cultura a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPOU), que se poderá visitar no Centro Social Afundación desta cidade. A mostra, que toma o título da definición que fixo o Padre Feijoo de si mesmo, pretende chamar a atención sobre aspectos biográficos do erudito e sobre a súa obra. Pezas singulares relacionadas co Padre Feijoo, que se atopan no MAPOU, xunto con obxectos documentais e artísticos procedentes doutras institucións e particulares, forman parte da exposición.
A exposición xira en torno a dous eixes. O primeiro apartado, “Feijoo e Ourense”, afonda na súa biografía, a través de documentos e obxectos como a súa partida de bautismo, unha carta autógrafa e a máscara mortuoria que presidiu o seu funeral. O segundo articúlase en torno a Feijoo e a ilustración. A través de distintas edicións dos seus libros, abordaranse algúns dos aspectos da súa obra, que pretende formular a profunda renovación que realizou Feijoo do pensamento do seu tempo.
O vindeiro venres, día 26 de setembro, data do 250 aniversario da morte do ilustre personaxe, inaugurarase a exposición bibliográfica e documental “Padre Feijoo, o ronsel dun sabio”, un percorrido pola época, a vida e a obra do intelectual que se poderá visitar na Biblioteca do Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, ata o 26 de outubro.
As bibliotecas nodais de Galicia, situadas nas principais cidades e xestionadas pola Secretaría Xeral de Cultura, tamén se sumarán á efemérides con exposicións bibliográficas sobre o Padre Feijoo, que se acompañarán con guías de lectura para apoiar os seus contidos.
A mostra da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago pode visitarse desde onte ata o 10 de outubro. Na Coruña, a exposición da Biblioteca Miguel González Garcés, que permanecerá aberta ata o día 30 deste mes, complementarase cunha proxección audiovisual sobre a produción científica do Padre Feijoo. As exposicións instaladas na Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo y Nodal de Lugo poderanse visitar ata final de mes. Esta última biblioteca foi depositaria dos 600 volumes da biblioteca feijoniana ata que no ano 1941 foron devoltos ao mosteiro de Samos.
Dentro do marco da campaña de dinamización da lectura “Ler conta moito”, promovida por Educación, o legado do Padre Feijoo estará presente o vindeiro venres na Biblioteca Nodal de Lugo, cun obradoiro para achegar á xuventude diferentes disciplinas científicas, dunha forma lúdica.
A cidade de Ourense contará con actividades programadas a través do Arquivo Histórico Provincial, que se suma a esta homenaxe cunha nova entrega do serial de curtametraxes “As viaxes do capitán Gardador”, dedicada á figura do Padre Feijoo e ás distintas homenaxes que lle renderon ao longo da historia.
Paralelamente, o arquivo realizará tamén unha exposición dos documentos utilizados no audiovisual, xunto coa reprodución de fondos procedentes doutros arquivos xestionados pola Consellería de Educación.
O Consello da Cultura Galega contribúe á conmemoración desta data coa organización do seminario “B.J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración”, coordinado polo vicepresidente da entidade, Francisco Díaz Fierros Viqueira. O Liceo de Ourense acollerá o día 9 de outubro un debate que contará coa participación de Luís Rodríguez, da Universidade de Vigo; Inmaculada Urzainqui, da Universidade de Oviedo; o académico Xosé Ramón Barreiro; o investigador do CSIC Antonio Lafuente, ademais de Francisco Díaz Fierros. Analizarán a vixencia do pensamento de Feijoo, a súa contribución aos inicios da historiografía da cultura e a mirada crítica de Concepción Arenal e de Emilia Pardo Bazán sobre a obra desta figura clave da ilustración. 


domingo, 21 de septiembre de 2014

Xa estamos de volta !


Benvidos un ano máis ao Colexio Padre Feijoo Zorelle no que afondaremos na aprendizaxe da lingua galega e no coñecemento da nosa cultura e tradicións para entender mellor quen somos e valorar o que temos. 

domingo, 29 de junio de 2014

sábado, 17 de mayo de 2014

Levamos a teoría...
á práctica! 


Con motivo do estudo das unidades 9 e 10 sobre a Publicidade e a celebración do Día das Letras Galegas, os alumnos de 4.º de ESO idearon anuncios que teñen como obxectivo fomentar o uso do galego. 



Traducimos en honor do autor e tradutor políglota
Xosé María Díaz Castro 

Os alumos de 4.º de ESO enfrontáronse á tradución ao francés dun dos poemas máis representativos deste autor, Penélope. 

"Penélope"

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A esperanza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove. 

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma una uva.
Pero ti envólveste en sabas de mil anos
e en soños volves escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo. 

Desorballando os prados coma sono,
O tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza! 

TRADUCIÓN AO FRANCÉS
DO POEMA “PENÉLOPE”

Un pas en avant e un autre en arrière
et la toile de tes rêves ne bouge pas.
L’espoir dans tes yeux ne s’étire pas.
Labourent les bœufs et il pleut.

Un hurlement de navires très lointains
fait éclater ton doux rêve comme un raisin.
Mais tu t’enveloppes dans des draps de mille années
et dans tes rêves tu réécoutes la pluie.

Amèneront les chemins un jour
les gens qu’ils ont emmené. Dieu et le même.
Sillon va, sillon vienne. Mon dieu !,
et toutes les choses payeront ses prix.

En debruinant les prés comme des rêves,
le temps s’en va de Parga à Pastoriza.
S’enterre petit à petit, sillon à sillon, l’Automne.
Un pas en avant e un autre en arrière, Galice !

Os alumnos de 4.º de ESO de Francés renden tributo a autores ourensáns

Con motivo da participación no proxecto “Autores ourensáns no Día das Letras Galegas”, levado a cabo pola Deputación provincial de Ourense, os alumnos de Francés de 4.º de ESO descubriron de primeira man as dificultades que entraña a tradución de textos literarios e científicos. 
Os textos obxecto de tradución foron un fragmento de “As Herbas de San Xoán”, de Vicente Risco e o poema Cántiga, de Curros Enríquez. 

Velaquí o resultado e os correspondentes comentarios tradutolóxicos. 


TRADUCIÓN AO FRANCÉS DO FRAGMENTO DE
« AS HERBAS DE SAN XOÁN », DE VICENTE RISCO

« LES HERBES DE LA SAINT JEAN »
“C’est un coutume typique de la Galice de ramener des fleurs et des herbes différentes pendant la nuit de la Saint Jean, les mettre dans l’eau et les laisser dans l’eau pour qu’elles s’imprègnent de la bruine de cette nuit afin qu’on se lave le lendemain matin dans cette eau. Les herbes qu’on ramène à cet usage sont : les herbes de la saint-Jean, les gantières ou péterolles (digitale), fenouil ou visnage, l’adénocarpe, la fougère mâle, thymèle, feuilles du Noyer, feuilles de l’aulne ou vergne, iris des marais, sureau, mauves, artemisia, arzais1, rosas de nabo1, ágramo1, herbas de San Pedro1, rosas de sábrego1, griffes de loup, herbe royale (matricaire), feuilles de chêne, romarin, l’immortelle, rosiers. »

1N. del T. : planta característica da rexión de Galicia que non conta cunha equivalencia en francés.  



TRADUCIÓN AO FRANCÉS DO POEMA “CÁNTIGA” DE CURROS ENRÍQUEZ
POÈME CHANTÉ
Dans le jardin une nuit assise
sous le reflet de la lumière claire de la lune
une fillette pleurait sans relâche
le dédain d’un bel homme ingrat.
Et la pauvre, au milieu des pleures, disait :
« Je n’ai plus personne dans ce monde ;
je vais mourir et mes yeux ne voient pas
les petits yeux de mon doux bien ».
Ses échos de mélancolie
marchaient sur les ailes du vent,
            et le regret
            répétait :
« Je vais mourir et mon bien ne vient pas ! »
Loin d’elle, debout sur la poupe
d’une légère noir vapeur,
émigré, vers l’Amérique,
va le pauvre, malheureux amoureux.

Et en regardant les gentilles hirondelles
vers la terre qu’il laisse traverser :
« Si seulement je pouvais faire demi-tour –pensait-il-,
Si seulement je pouvais avec vous m’envoler !...
Mais les oiseaux et le navire s’ enfouissaient
sans entendre ses amers regrets ;
            seulement les vents
            répétaient ;
« Si seulement je pouvais avec vous m’envoler ! »
Des nuits claires, d’arômes et lune,
depuis, quelle tristesse vous hébergez
ceux qui ont vu une fillette pleurer,
ceux qui ont vu un bateau s’en aller !...
D’un amour céleste, véritable,
il ne reste que de larmes la preuve,
            une grotte
            dans un rocher
et un cadavre au fond de la mer. 


COMENTARIO TRADUTOLÓXICO

Para realizar a tradución ao francés do poema Cántiga e do fragmento de As herbas de San Xoán, de Vicente Risco (ámbolos dous redactados en galego) levouse en cabo, en primeiro lugar, unha análise textual dos ditos documentos, co fin de coñecer as súas características máis relevantes e determinar que estratexias se deben adoptar para unha tradución axeitada. Tras esta primeira toma de contacto, procedeuse a examinar con detalle cada problema de tradución derivado destes documentos. A continuación, expóñense as principais dificultades de tradución xurdidas neste proceso, xunto coas solucións tradutolóxicas que se propuxeron para o seu transvasamento ao francés e as pautas e xustificacións pertinentes. 

1.º TEXTO
Tradución do poema Cántiga, de Curros Enríquez. 
Dende o punto de vista do xénero textual, trátase dun texto literario escrito en verso, en particular, pertencente ao subxénero da poesía. As dificultades de tradución máis relevantes xurdidas na tradución deste texto pódense clasificar en dous tipos: aspectos formais e estruturais e aspectos lingüísticos.
FORMAIS
Debemos ter en conta que unha poesía é un tipo de texto que presenta tres elementos particulares que o diferencian claramente doutros textos: a rima, o rimo e a métrica. Dada a grande dificultade que implica trasladar ao francés a mensaxe expresada polo autor conservando as mesmas características formais (o mesmo n.º de sílabas dos versos, o mesmo tipo de rima, etc.), decidiuse sacrificar estes últimos elementos a prol de respectar e transmitir o contido do mesmo.
Con todo, naqueles casos en que había varias propostas de tradución posibles, elixiuse aquela que respectaba o contido e mais a rima ou algún outro elemento formal, como é o caso do final do verso n.º 30, para o cal había o termo “partir” et “s’en aller” como posibles tradución de “marchar”. Así pois, optouse polo verbo “s’en aller” posto que rima coa última palabra do verso anterior, “pleurer”, de maneira que se contribúe a preservar a sonoridade do poema.
En canto á estrutura sintáctica, aínda que esta é máis ríxida en francés que en galego, intentouse conservar, na maioría dos casos, a alteración da orde sintáctica que se aprecia no poema escrito en lingua orixinal, co fin de conservar, unha vez máis, o efecto rítmico do texto.

LINGÜÍSTICOS
Luar: como este termo galego non conta cunha equivalencia perfecta en francés, foi traducido polo substantivo “lumière” (“luz”) e un modificador, “de la lune” (“da lúa”) que completa o concepto transmitido polo substantivo.
Coitada: este vocábulo ten unhas connotacións afectivas particulares en galego, que non transmite a posible tradución “malheureuse”. Por esta razón, optouse pola palabra “pauvre” que expresa mellor ese sentimento de estima.
Voar: para a tradución deste termo atopáronse dúas propostas: “voler” “m’envoler”. Elixiuse a segunda opción xa que ademais de ter a acepción de “voar” en francés tamén ten o sentido de “fuxir”, o cal se considerou que se axustaba moi ben á mensaxe que pretende transmitir o autor nestas liñas.
 


2.º TEXTO
Tradución do fragmento de As herbas de San Xoán, de Vicente Risco.
Dende o punto de vista do xénero textual, trátase dun texto literario escrito en prosa. Se ben é certo que o rexistro do texto non é formal, obsérvase a presenza dun vocabulario especializado, pertencente ao campo da bioloxía (máis concretamente, a botánica) que xerou certas dificultades de tradución.

Este foi, pois, o obstáculo principal no transvasamento ao francés deste texto, xa que esixiu unha exhaustiva documentación en ámbolos dous idiomas. As fontes empregadas son de índole diversa, dende dicionarios xerais e especializados, corpus lingüísticos, en especial, o Corpus lexicográfico da lingua galega, da USC, etc. Con respecto a este punto, convén salientar que se comprobou que todas as equivalencias da dita terminoloxía especializada aparecesen en fontes redactadas na lingua de destino (francés) por especialistas no campo da bioloxía.

Esta tarefa non resultou doada, xa que algúns vocábulos fan referencia a plantas tradicionais de Galicia, pero practicamente inexistentes en países francófonos e para os cales non existe unha equivalencia perfecta. É o caso dos termos “arzais”, “rosas de nabo”, “ágramo”, “herbas de San Pedro”, “rosas de sábrego”, para os cales se decidiu poñer unha nota de tradución explicando esta problemática.

En moitos casos, a estratexia de tradución que se adoptou foi recorrer á denominación latina de cada planta para posteriormente realizar unha pescuda a partir de dita denominación e así dar coa equivalencia en francés.