Que
teñades unha terrorífica noite de Samaín!!!!!!!
Eu falo Galego
viernes, 31 de octubre de 2014
domingo, 28 de septiembre de 2014
A tradución do
castelán ao galego de dúas noticias sobre a figura do Padre Feijoo que
realizamos esta semana permitiunos coñecer máis de preto a importancia deste
autor no ámbito da literatura e, ao mesmo tempo, abordar diversas cuestións
lingüísticas que presenta esta actividade tradutolóxica. Algunhas destas
cuestións foron a tradución dos nomes propios, a diferenza no xénero entre os
termos casteláns e galegos, a correspondencia de certos vocábulos de maior
dificultade tradutolóxica, expresións feitas, etc. Así mesmo, puidemos revisar a estrutura deste tipo de textos periodísticos. Velaquí o resultado.
O galego que ensinou a pensar aos
españois
A Academia Galega de Ciencias rende homenaxe en abril ao Padre Feijoo,
ensaísta do século XVIII

A razón por riba de todo. A experiencia como único método
válido. Era monxe pero non dubidou en rebater sen piedade as supersticións e os
milagres, malia ser perseguido duramente pola Inquisición. Benito Jerónimo
Feijoo naceu na aldea ourensá de Pereiro de Aguiar en 1676 e os seus polémicos
escritos deron a volta ao mundo. A Real Academia Galega de Ciencias dedica este
ano o Día do Científico Galego, que celebra os seus actos centrais o vindeiro
23 de abril, ao Padre Feijoo, o pai do ensaio español. Sabio, rebelde e cun
humor moi galego.
Unha rúa, un parque, un instituto. O nome
Padre Feijoo forma parte das vidas cotiás dos galegos pero, en realidade,
poucos coñecen de primeira man quen era ese home do século XVIII e que fixo
para merecer estas pequenas homenaxes. A Real Academia Galega (RAGC) quere que
o pensador e ensaísta recobre polo menos unha parte do enorme protagonismo que
tivo no seu tempo e, para iso, este ano dedícalle o Día do Científico Galego,
unha celebración que ten o seu núcleo central o 23 de abril pero que pretende
estender as actividades de difusión da figura e obra do homenaxeado durante
todo o ano.
“É o primeiro home de Letras que elixe a
Academia para este día, pero é que o Padre Feijoo distinguiuse por un tremendo
labor de difusión e defensa da ciencia e tiña unha liberdade de pensamento moi
avanzada para o seu tempo”, xustifica Miguel Ángel Ríos, vicepresidente da
RAGC. “Para axudarnos a difundir o seu legado entre os máis novos contamos coa
Fundación Barrié, que está elaborando unha unidade didáctica e varios
obradoiros”, engade o químico.
O Padre Feijoo “foi un intelectual sabio,
rebelde e xeneroso que, ademais de ser figura clave da Ilustración española,
desempeña un papel fundamental na formación do innovador xénero do ensaio e na
modernización da prosa castelá”, resume Inmaculada Urzainqui, investigadora do
Instituto Feijoo de estudos do século XVIII, en Oviedo, e unha das máximas
expertas na obra do autor galego. A súa extensísima obra ten como piares o
“Teatro crítico universal” (entendendo teatro como panorama), 8 volumes; as
“Cartas eruditas e curiosas”, 5 volumes, así como numerosa obra poética e
epistolar. “Era un home que promovía a tolerancia e o espírito científico e
cuxo maior afán era romper coa xenofobia e desenganar ao vulgo dos seus erros e
ideas equivocadas”, asegura a catedrática.
En Oviedo encóntrase a sé do Instituto
Feijoo de estudos do século XVIII, un centro de investigación dedicado ao
estudo multidisciplinar do Século das Luces no ámbito español e iberoamericano
aínda que, admite Urzainqui, “ten predilección polo autor que leva o seu nome”.
E é que en Oviedo foi onde o Padre Feijoo escribiu a maior parte da súa obra.
Benito Jerónimo Feijoo (Pereiro de
Aguiar, Ourense, 1676-Oviedo, 1764) realizou os seus primeiros estudos en
Allariz e no colexio beneditino de San Estevo de Ribas de Sil. Cando tiña 14
anos renunciou ao morgado que lle correspondía como primoxénito para ingresar
no mosteiro beneditino de San Xulián de Samos (Lugo), ao que segundo os estatutos
da Orde, pertenceu toda a súa vida. Tras dos anos de noviciado foi enviado a
estudar Artes ao colexio de San Salvador de Lérez (Pontevedra) e Teoloxía a
Salamanca. Finalizados os seus estudos, regresou a Galicia en 1702, onde foi
profesor de Artes no colexio de Lérez e mestre de Teoloxía en Poio e no
arzobispado de Santiago.
Despois foi destinado a Oviedo, cidade á
que chegou aos 33 anos e na que permaneceu ata a súa morte.
Ata 1725 Feijoo non comezou a publicar as
súas obras, recompilacións de reflexións que, en realidade, eran verdadeiros
ensaios. “Tiña un gran interese por estar ao tanto do que se escribía en Europa
e conseguiu facerse cunha biblioteca moi moderna, o que era todo un mérito
desde Oviedo”, apunta Urzainqui. A experta destaca a capacidade que tivo para
chegar ao vulgo “pola súa forma tan amena de escribir, cunha prosa sinxela e
fluída e con moita graza. Escribía moito tamén desde o seu punto de vista
persoal, con moitas anécdotas que facían referencia á súa Galicia natal”.
Feijoo foi ante todo un defensor da
razón. O seu escepticismo en relación coa ciencia dogmática que defendía a
Igrexa, cos milagres e as supersticións, e a súa defensa á ultranza da muller
nun momento no que era considerada un ser indiscutiblemente inferior ao home,
convertérono nun precursor do pensamento moderno e ter moitos discípulos. “Foi
o autor máis polémico do seu tempo e tiña moitos defensores e detractores por
todo o mundo; era un home famoso e
grazas a isto temos imaxes del, por todos os pintores que o retrataron. Era un
auténtico fenómeno editorial”, salienta a investigadora Inmaculada Urzainqui.
Tan extraordinaria era a súa popularidade e recoñecemento que de todas as
partes acudían a velo e recibía infinidade de cartas que lle pedían a súa opinión
ou lle suxerían que tratara determinados asuntos (moitas das súas “Cartas
eruditas” teñen a súa orixe aquí).
Actualmente consérvanse moi poucos
manuscritos do autor. Todos os seus papeis así como a súa biblioteca estaban
depositados no Mosteiro de Samos (Lugo) pero dispersáronse coas medidas
desamortizadoras e os que se recuperaron despois arderon no incendio que en
1951 asolou a abadía.
O lector actual ten tamén limitacións
para acceder ao corpus completo da súa obra porque mentres que no século XVIII
acada un éxito sen precedentes e se suceden as edicións e reedicións das súas
obras maiores, nos dous seguintes o ritmo decrece ostensiblemente xa que só se
publican edicións parciais e antolóxicas. “A súa obra é moi voluminosa e
estamos preparando os materiais para unha edición crítica pero é complicado
pola gran cantidade de temas que trata, desde ciencia a medicina, filosofía,
literatura, música, política e teoloxía (aínda que é do que menos escribiu)…
nada lle resultaba alleo. Esta enorme variedade obriga a que, na súa edición,
traballen igualmente especialistas nos distintos campos dos que escribe”,
explica a investigadora ovetense.
Galicia celebra o 250
aniversario do Padre Feijoo con exposicións, obradoiros e un simposio
A partida de bautismo, unha carta autógrafa e a máscara mortuoria do
personaxe homenaxeado poderán verse a partir do día 13 de outubro no centro de
Afundación
X.M.C. | Ourense 22.09.2014 | 22:45
A Xunta e o Consello da Cultura Galega presentaron onte no Liceo a
programación de actividades para conmemorar o 250 aniversario do Padre Feijoo,
falecido o 26 de setembro de 1764. O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez
Abad, destacou que esta efemérides “nos ofrece este ano unha oportunidade
magnífica para promover un conxunto de actividades que van contribuír a
afianzar e a divulgar o importante legado dun intelectual que ofreceu nos seus
escritos propostas renovadoras en campos como a ciencia, a educación, a lingua
e a cultura”.
A programación elaborada para esta homenaxe conta con propostas que
pretenden achegar aos cidadáns a figura do Padre Feijoo, a súa obra e o seu
pensamento, mediante exposicións en museos, arquivos e bibliotecas de xestión
autonómica, materiais audiovisuais, un simposio, un obradoiro científico e
guías de lectura.
No transcurso da súa intervención, Jesús Vázquez salientou que o día 13 de
outubro se inaugurará a exposición “O Padre Feijoo, cidadán libre da República
Literaria”, organizada pola Consellería de Cultura a través do Museo
Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPOU), que se poderá visitar no Centro
Social Afundación desta cidade. A mostra, que toma o título da definición que
fixo o Padre Feijoo de si mesmo, pretende chamar a atención sobre aspectos
biográficos do erudito e sobre a súa obra. Pezas singulares relacionadas co
Padre Feijoo, que se atopan no MAPOU, xunto con obxectos documentais e
artísticos procedentes doutras institucións e particulares, forman parte da
exposición.
A exposición xira en torno a dous eixes. O primeiro apartado, “Feijoo e
Ourense”, afonda na súa biografía, a través de documentos e obxectos como a súa
partida de bautismo, unha carta autógrafa e a máscara mortuoria que presidiu o
seu funeral. O segundo articúlase en torno a Feijoo e a ilustración. A través
de distintas edicións dos seus libros, abordaranse algúns dos aspectos da súa
obra, que pretende formular a profunda renovación que realizou Feijoo do
pensamento do seu tempo.
O vindeiro venres, día 26 de setembro, data do 250 aniversario da morte do
ilustre personaxe, inaugurarase a exposición bibliográfica e documental “Padre
Feijoo, o ronsel dun sabio”, un percorrido pola época, a vida e a obra do
intelectual que se poderá visitar na Biblioteca do Arquivo de Galicia, na
Cidade da Cultura, ata o 26 de outubro.
As bibliotecas nodais de Galicia, situadas nas principais cidades e
xestionadas pola Secretaría Xeral de Cultura, tamén se sumarán á efemérides con
exposicións bibliográficas sobre o Padre Feijoo, que se acompañarán con guías
de lectura para apoiar os seus contidos.
A mostra da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago pode visitarse desde onte
ata o 10 de outubro. Na Coruña, a exposición da Biblioteca Miguel González
Garcés, que permanecerá aberta ata o día 30 deste mes, complementarase cunha
proxección audiovisual sobre a produción científica do Padre Feijoo. As
exposicións instaladas na Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo y Nodal de
Lugo poderanse visitar ata final de mes. Esta última biblioteca foi depositaria
dos 600 volumes da biblioteca feijoniana ata que no ano 1941 foron devoltos ao
mosteiro de Samos.
Dentro do marco da campaña de dinamización da lectura “Ler conta moito”,
promovida por Educación, o legado do Padre Feijoo estará presente o vindeiro
venres na Biblioteca Nodal de Lugo, cun obradoiro para achegar á xuventude
diferentes disciplinas científicas, dunha forma lúdica.
A cidade de Ourense contará con actividades programadas a través do Arquivo
Histórico Provincial, que se suma a esta homenaxe cunha nova entrega do serial
de curtametraxes “As viaxes do capitán Gardador”, dedicada á figura do Padre
Feijoo e ás distintas homenaxes que lle renderon ao longo da historia.
Paralelamente, o arquivo realizará tamén unha exposición dos documentos
utilizados no audiovisual, xunto coa reprodución de fondos procedentes doutros
arquivos xestionados pola Consellería de Educación.
O Consello da Cultura Galega contribúe á conmemoración desta data coa
organización do seminario “B.J. Feijoo, renovador do pensamento da
Ilustración”, coordinado polo vicepresidente da entidade, Francisco Díaz
Fierros Viqueira. O Liceo de Ourense acollerá o día 9 de outubro un debate que
contará coa participación de Luís Rodríguez, da Universidade de Vigo;
Inmaculada Urzainqui, da Universidade de Oviedo; o académico Xosé Ramón
Barreiro; o investigador do CSIC Antonio Lafuente, ademais de Francisco Díaz
Fierros. Analizarán a vixencia do pensamento de Feijoo, a súa contribución aos
inicios da historiografía da cultura e a mirada crítica de Concepción Arenal e
de Emilia Pardo Bazán sobre a obra desta figura clave da ilustración.
domingo, 21 de septiembre de 2014
sábado, 17 de mayo de 2014
Traducimos en honor do autor e
tradutor políglota
Xosé María Díaz Castro
Os alumos de
4.º de ESO enfrontáronse á tradución ao francés dun dos poemas máis
representativos deste autor, Penélope.
"Penélope"
Un
paso adiante e outro atrás, Galiza,
e
a tea dos teus soños non se move.
A
esperanza nos teus ollos se espreguiza.
Aran
os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma una uva.
Pero ti envólveste en sabas de mil anos
e en soños volves escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando
os prados coma sono,
O
tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise
enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un
paso adiante e outro atrás, Galiza!
TRADUCIÓN
AO FRANCÉS
DO
POEMA “PENÉLOPE”
Un pas en avant e un
autre en arrière
et la toile de tes
rêves ne bouge pas.
L’espoir dans tes yeux
ne s’étire pas.
Labourent les bœufs et
il pleut.
Un hurlement de
navires très lointains
fait éclater ton doux
rêve comme un raisin.
Mais tu t’enveloppes
dans des draps de mille années
et dans tes rêves tu
réécoutes la pluie.
Amèneront les chemins
un jour
les gens qu’ils ont
emmené. Dieu et le même.
Sillon va, sillon
vienne. Mon dieu !,
et toutes les choses
payeront ses prix.
En debruinant les prés
comme des rêves,
le temps s’en va de
Parga à Pastoriza.
S’enterre petit à
petit, sillon à sillon, l’Automne.
Un pas en avant e un
autre en arrière, Galice !
Os alumnos de 4.º de ESO de Francés renden tributo a autores
ourensáns
Con motivo da participación no proxecto “Autores ourensáns no Día das Letras
Galegas”, levado a cabo pola Deputación provincial de Ourense, os alumnos
de Francés de 4.º de ESO descubriron de primeira man as dificultades que
entraña a tradución de textos literarios e científicos.
Os textos obxecto de tradución foron un fragmento de “As Herbas de San Xoán”, de Vicente Risco e o poema
Cántiga, de Curros Enríquez.
Velaquí o resultado e os correspondentes comentarios tradutolóxicos.
Velaquí o resultado e os correspondentes comentarios tradutolóxicos.
TRADUCIÓN
AO FRANCÉS DO FRAGMENTO DE
« AS HERBAS DE SAN XOÁN », DE VICENTE RISCO
« LES HERBES DE
LA SAINT JEAN »
“C’est
un coutume typique de la Galice de ramener des fleurs et des herbes différentes
pendant la nuit de la Saint Jean, les mettre dans l’eau et les laisser dans
l’eau pour qu’elles s’imprègnent de la bruine de cette nuit afin qu’on se lave
le lendemain matin dans cette eau. Les herbes qu’on ramène à cet
usage sont : les herbes de la saint-Jean, les gantières ou péterolles
(digitale), fenouil ou visnage, l’adénocarpe, la fougère mâle, thymèle,
feuilles du Noyer, feuilles de l’aulne ou vergne, iris des marais, sureau,
mauves, artemisia, arzais1, rosas de nabo1, ágramo1,
herbas de San Pedro1, rosas de sábrego1, griffes de loup,
herbe royale (matricaire), feuilles de chêne, romarin, l’immortelle,
rosiers. »
1N. del T. : planta
característica da rexión de Galicia que non conta cunha equivalencia en francés.
TRADUCIÓN AO FRANCÉS DO POEMA “CÁNTIGA”
DE CURROS ENRÍQUEZ
POÈME CHANTÉ
Dans
le jardin une nuit assise
sous
le reflet de la lumière claire de la lune
une
fillette pleurait sans relâche
le
dédain d’un bel homme ingrat.
Et
la pauvre, au milieu des pleures, disait :
« Je
n’ai plus personne dans ce monde ;
je
vais mourir et mes yeux ne voient pas
les
petits yeux de mon doux bien ».
Ses échos de mélancolie
marchaient
sur les ailes du vent,
et le regret
répétait :
« Je vais mourir et mon bien ne vient
pas ! »
Loin
d’elle, debout sur la poupe
d’une
légère noir vapeur,
émigré,
vers l’Amérique,
va
le pauvre, malheureux amoureux.
|
Et
en regardant les gentilles hirondelles
vers
la terre qu’il laisse traverser :
« Si
seulement je pouvais faire demi-tour –pensait-il-,
Si
seulement je pouvais avec vous m’envoler !...
Mais
les oiseaux et le navire s’ enfouissaient
sans
entendre ses amers regrets ;
seulement les vents
répétaient ;
« Si
seulement je pouvais avec vous m’envoler ! »
Des
nuits claires, d’arômes et lune,
depuis,
quelle tristesse vous hébergez
ceux
qui ont vu une fillette pleurer,
ceux
qui ont vu un bateau s’en aller !...
D’un
amour céleste, véritable,
il
ne reste que de larmes la preuve,
une grotte
dans un rocher
et
un cadavre au fond de la mer.
|
COMENTARIO
TRADUTOLÓXICO
Para realizar a tradución ao francés do poema Cántiga e do fragmento de As
herbas de San Xoán, de Vicente Risco (ámbolos dous redactados en galego)
levouse en cabo, en primeiro lugar, unha análise textual dos ditos documentos,
co fin de coñecer as súas características máis relevantes e determinar que estratexias
se deben adoptar para unha tradución axeitada. Tras esta primeira toma de
contacto, procedeuse a examinar con detalle cada problema de tradución derivado
destes documentos. A continuación, expóñense as principais dificultades de
tradución xurdidas neste proceso, xunto coas solucións tradutolóxicas que se
propuxeron para o seu transvasamento ao francés e as pautas e xustificacións
pertinentes.
1.º TEXTO
Tradución do poema Cántiga, de Curros Enríquez.
Dende o punto de vista do xénero textual, trátase dun texto literario
escrito en verso, en particular, pertencente ao subxénero da poesía. As
dificultades de tradución máis relevantes xurdidas na tradución deste texto
pódense clasificar en dous tipos: aspectos formais e estruturais e aspectos lingüísticos.
FORMAIS
Debemos ter en conta que unha poesía é un tipo de texto que presenta tres
elementos particulares que o diferencian claramente doutros textos: a rima, o
rimo e a métrica. Dada a grande dificultade que implica trasladar ao francés a
mensaxe expresada polo autor conservando as mesmas características formais (o
mesmo n.º de sílabas dos versos, o mesmo tipo de rima, etc.), decidiuse
sacrificar estes últimos elementos a prol de respectar e transmitir o contido
do mesmo.
Con todo, naqueles casos en que había varias propostas de tradución
posibles, elixiuse aquela que respectaba o contido e mais a rima ou algún outro
elemento formal, como é o caso do final do verso n.º 30, para o cal había o
termo “partir” et “s’en aller” como posibles tradución de “marchar”. Así pois,
optouse polo verbo “s’en aller” posto que rima coa última palabra do verso
anterior, “pleurer”, de maneira que se contribúe a preservar a sonoridade do
poema.
En canto á estrutura sintáctica, aínda que esta é máis ríxida en francés
que en galego, intentouse conservar, na maioría dos casos, a alteración da orde
sintáctica que se aprecia no poema escrito en lingua orixinal, co fin de
conservar, unha vez máis, o efecto rítmico do texto.
LINGÜÍSTICOS
Luar: como este termo galego non conta cunha
equivalencia perfecta en francés, foi traducido polo substantivo “lumière”
(“luz”) e un modificador, “de la lune” (“da lúa”) que completa o concepto
transmitido polo substantivo.
Coitada: este vocábulo ten unhas connotacións
afectivas particulares en galego, que non transmite a posible tradución
“malheureuse”. Por esta razón, optouse pola palabra “pauvre” que expresa mellor
ese sentimento de estima.
Voar: para a tradución deste termo atopáronse
dúas propostas: “voler” “m’envoler”. Elixiuse a segunda opción xa que ademais
de ter a acepción de “voar” en francés tamén ten o sentido de “fuxir”, o cal se
considerou que se axustaba moi ben á mensaxe que pretende transmitir o autor
nestas liñas.
2.º TEXTO
Tradución do fragmento de As herbas de San Xoán, de Vicente Risco.
Dende o punto de vista do xénero textual, trátase dun texto literario
escrito en prosa. Se ben é certo que o rexistro do texto non é formal,
obsérvase a presenza dun vocabulario especializado, pertencente ao campo da bioloxía
(máis concretamente, a botánica) que xerou certas dificultades de tradución.
Este foi, pois, o obstáculo principal no transvasamento ao francés deste
texto, xa que esixiu unha exhaustiva documentación en ámbolos dous idiomas. As
fontes empregadas son de índole diversa, dende dicionarios xerais e
especializados, corpus lingüísticos, en especial, o Corpus lexicográfico da lingua galega, da USC, etc. Con respecto a
este punto, convén salientar que se comprobou que todas as equivalencias da
dita terminoloxía especializada aparecesen en fontes redactadas na lingua de
destino (francés) por especialistas no campo da bioloxía.
Esta tarefa non resultou doada, xa que algúns vocábulos fan referencia a
plantas tradicionais de Galicia, pero practicamente inexistentes en países
francófonos e para os cales non existe unha equivalencia perfecta. É o caso dos
termos “arzais”, “rosas de nabo”, “ágramo”, “herbas de San Pedro”, “rosas de
sábrego”, para os cales se decidiu poñer unha nota de tradución explicando esta
problemática.
En moitos casos, a estratexia de tradución que se adoptou foi recorrer á
denominación latina de cada planta para posteriormente realizar unha pescuda a
partir de dita denominación e así dar coa equivalencia en francés.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




