Eu falo Galego

Eu falo Galego

domingo, 17 de noviembre de 2013

TRABALLO: EXPOSICIÓN EN GALEGO

            Os alumnos deberán preparar un traballo sobre o texto expositivo en galego que constará de dúas partes: a redacción deste por escrito e a súa posterior exposición oral na aula.
           
TRABALLO ESCRITO
            O traballo escrito deberá respectar as seguintes consignas para ser avaliado positivamente:

v     O traballo realizarase por parellas.
v     O tema será libre, previa consulta coa profesora. Os temas propostos son os deportes (excepto a natación sincronizada e o alpinismo), pero pódense aceptar outros nos que o alumno estea interesado.
v     A redacción do traballo debe constar dun mínimo de 3 páxinas e dun máximo de 5.
v     O texto debe estar adecuadamente dividido.
v     Debe coidarse a redacción e o léxico adecuado.
v     É obrigatorio a incorporación de polo menos 2 elementos gráficos relacionados co contido tratado.
v   É obrigatorio o uso de polo menos 5 conxuncións ou locucións conxuntivas incluídas na lista facilitada pola profesora.
v     No caso de haber dous termos posibles para expresar un mesmo concepto, valorarase o emprego dos vocábulos autóctonos no canto daqueles que conservan unha forma máis semellante ao termo castelán.
v     Ollo cos castelanismos!
v     Cada falta de ortografía baixará 0,5 puntos no total da puntuación.
v     DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO TRABALLO: 19 de decembro do 2013.


EXPOSICIÓN ORAL
            A exposición oral deberá respectar as seguintes consignas para ser avaliada positivamente: 

v     Levarase a cabo na aula por parellas.
v     Non está permitido levar o traballo redactado por escrito pero si un esquema cos diferentes puntos da exposición a tratar e datos como cifras, anos, etc.
v     Valorarase a expresividade lingüística, así como a comunicación non verbal (xestos, movementos, tons de voz, vocalización, etc.).

v     DATAS PARA A REALIZACIÓN DA EXPOSICIÓN: despois da volta das vacacións de Nadal. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario