Eu falo Galego

Eu falo Galego

domingo, 13 de abril de 2014


Aquí vos inclúo unha noticia relacionada cunha actividade que traballamos na aula: a banda deseñada. 


O ilustrador Federico Delicado gana o VII premio Compostela de Álbum Ilustrado

O xurado valorou que o texto sexa moi contemporáneo, «capaz de aguilloar as conciencias»

O traballo de Federico Delicado (Badaxoz, 1956) fíxose co VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa súa obra Ícaro, que alcanzou o recoñecemento do xurado entre os 255 álbums que aspiraban a iso. Autores de 21 países optaron nesta ocasión ao certame que convocan o Concello de Santiago e a editorial Kalandraka e que leva para o gañador un premio de 9.000 euros e a publicación da obra premiada nas cinco linguas da Península.
O xurado considerou que se trata dun texto «moi contemporáneo, para pensar e sentir», capaz de «aguilloar as conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez». Desde un punto de vista artístico tamén se valorou a calidade plástica das ilustracións, que engaden «profundidade e densidade á lectura», con matices que abren a porta a «novas interpretacións». O xurado culmina que Ícaro non deixa indiferente a ninguén, facendo dubidar aos lectores sobre «onde empeza a realidade e termina a fantasía».

La Voz de Galicia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario