Eu falo Galego

Eu falo Galego

lunes, 5 de mayo de 2014

Visítanos outro escritor: Xosé Antonio Cascudo

DÍAZ CASTRO A TRAVÉS DO AUDIOVISUAL 


Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, visítanos o polifacético escritor Xosé Antonio Cascudo para proxectar o documental, titulado O instante eterno, que realizou sobre o poeta Xosé María Díaz Castro (homenaxeado co Día das Letras Galegas deste ano 2014).

O visionado deste filme, así como o coloquio que tivo lugar posteriormente, permitiulles aos alumnos de 3.º e 4.º de  ESO e de 1.º de Bacharelato descubrir dunha maneira lúdica a descoñecida figura de Díaz Castro e así afondar nos seus coñecementos sobre a nosa propia cultura.

Moitas grazas polo tempo dedicado e a implicación por achegarlles aos nosos alumnos a nosa literatura. 


Para máis información sobre este autor, podedes visitar o seu blog:

http://antoncascudo.blogspot.com.es/







No hay comentarios:

Publicar un comentario