Eu falo Galego

Eu falo Galego

lunes, 5 de mayo de 2014

Charla-Coloquio co escritor Fernando Méndez

O xornalista e escritor Fernando Méndez visitou o pasado mércores 23 os nosos alumnos con motivo da celebración do Festival do Libro. 

Con el os nosos estudantes mantiveron unha agradable e proveitosa charla sobre a experiencia deste afable autor e, en particular, sobre a súa novela Deus xogando aos dados, a cal leron en galego os alumnos de 4.º de ESO neste curso. 

Algúns dos estudantes mesmo aproveitaron a ocasión para pedirlle que lles firmara o devandito libro. 


Grazas, Fernando, polo teu tempo e esa simpatía e amabilidade que consegue captar tan ben a atención do alumnado!  
Portada DXD junio 2013

Ata a próxima!  

No hay comentarios:

Publicar un comentario